A Unión Estadounidense de Liberdades Civís está á fronte das organizacións que estes días critican ao goberno Bush logo de descubriren que unha empresa elaborou unha listaxe que cualifica a milleiros de cidadáns de "posíbeis terroristas".
Como parte do proxecto �Matrix�, a consultora �Seisint� tería cruzado millóns de informacións de persoas en bases de datos a través dunha ferramenta informática. Presuntamente, a administración tería usado xa dos datos para investigar e deter a persoas sen outro motivo previo.